POR FIN!!!!
Quen espera desespera, pero por fin temos os resultados do que foi o noso primeiro proxecto.
Quen espera desespera, pero por fin temos os resultados do que foi o noso primeiro proxecto.
Despois de construír a cámara escura nunha das clases do noso instituto, foron moitos os cursos que pasaron por ela a vela.
Os primeiros en probala fomos nós, os seus creadores (alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato, con axuda dunha servidora e de Francisco Otero e Sebastián Rozas, profesores da área de artes). Para deixar constancia de dito procedemento, fixemos fotos e vídeos do proceso. Sen embargo, o vídeo de montaxe do primeiro día foi grabado ás presas e non saíu como debería...pero as fotos recollen un pouco os pasos da nosa creación, e pódese ver o ben que traballamos!!
De quen si se recolleron vídeos foi dos cativos e cativas que tamén pasaron pola nosa recreación do invento que foi a cámara escura, e estos foron rapaces e rapazas de 1º e 3º da ESO.
De quen si se recolleron vídeos foi dos cativos e cativas que tamén pasaron pola nosa recreación do invento que foi a cámara escura, e estos foron rapaces e rapazas de 1º e 3º da ESO.
Durante a proba, en case tódolos cursos, propuxemos un tempo de 10 min de adaptación para poder ver o resultado nas pantallas que construímos: unha pequena de papel semitransparente, e outra máis grande de tea branca. Ademais, os cativos e cativas deixaron constancia das súas impresión unha vez rematado o fenómeno producido dentro da cámara escura. Xustamente, ao final do vídeo, podemos escoitar un dos moitos comentarios que todos eles fixeron das sesións nas que participaron.
A continuación, deixovos a xenial montaxe que fixo Francisco Otero do proceso, con todo o material que creamos a partires das diferentes sesións levadas a cabo.
A continuación, deixovos a xenial montaxe que fixo Francisco Otero do proceso, con todo o material que creamos a partires das diferentes sesións levadas a cabo.
De ter problemas co vídeo, tamén podedes velo directamente no blog da biblioteca do IES Ramón Mª Aller Ulloa neste enlace:
http://tarabelateca.blogspot.com.es/2015/05/ano-internacional-da-luz-camara-escura.html
....un bonito recordo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario